As Termas de Outaríz estan situadas ao borde do río Miño formando xunto con outras pozas como son as do Muíño e as da Chavasqueitas un enclave termal en plena natureza.
No Balneario de Outariz podes gozar do baño con inspiración xaponesa mais importante de toda España, respetando na sua construcción a cultura Zen con materias de pedra, madeira e pizzara.
Ademais hai tamén outras pozas de acceso totalmente gratuito, como son as anteriormente citadas, as charcas de Outariz( no exterior do Balneario), as da Chavasqueira e as do Muíño.
Nas charcas do que se trata é de sumerxerse e quedarse sentado coas pernas estiradas, sendo o único que sobresaia a cabeza. Non se debe exceder este tempo de 15-20 min.
Estas augas ademais teñen varios poderes curativos de algunhas enfermedades ou doenzas como son a artrite, a soriase... Teñen tamén beneficios estéticos, xa que favorecen a expulsión de toxinas a través da pel e das mucosas.
BENVIDOS AO BLOGGER DE SILVIA E LUCÍA.
NESTA PÁXINA PRETENDEMOS INTRODUCIR IMAXES E DESCRIPCIÓNS DE LUGARES DE GALICIA TANTO COÑECIDOS COMA DESCOÑECIDOS PARA MOITOS DE VÓS,ESPERAMOS QUE LLES GUSTE E LLES SIRVA DE AXUDA. : )
jueves, 28 de abril de 2011
viernes, 15 de abril de 2011
Iglesia de Santa María de Beade
A Igrexa de Sta María de Beade pertenceu á orde de San Juan de Xerusalén.Esta igrexa foi construida na época barroca por encima doutra igrexa anterior de orixe románica.Destaca pola súa fermosa fachada e pola torre de tres corpos que se alza nun lateral, desde a parte dianteira da igrexia parte un vía crucis que remata nunha capela cercana,a capela de San Roque.
Balneario de Berán (Leiro,Ourense)
Este balneario é coñecido polas propiedades curandeiras das súas augas,cada Verán chegan a él persoas con numerosas doenzas e erupcións da pel tal como a psoriasis e a dermatite. A composición química desta auga é sulfurada-bicarbonatada e de mineralización débil, cunha magnífica temperatura de 27 grados/centígrados. Tamén dispón dunha fonte que é apta para o consumo, favorecendo a solución dos problemas dixestivos. Actualmente é propiedade do pobo ao que pertence (Berán) e é coidada polos veciños xa que fai aproximadamente tres anos que pechou ao público. Esperamos que lles guste e que algunha vez poidan ir visitalo.
jueves, 14 de abril de 2011
Embalse de Muíños.
Aquí mostramoslles unha imaxe do Embalse de Muíños, dende un pueblo cercano.
Este embalse é moi coñecido debido a que hai un camping e un hotel no que se aloxan centos de persoas no verán en campamentos.
Neste lugar hai diversos areais e zonas verdes para tomar o sol e tamén se poden facer actividades como piragüismo, rutas guiadas polos arredores, pesca...
Ademáis está habilitado para pasar un día en familia xa que dispón de zonas para comer e para facer unha barbacoa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)