BENVIDOS AO BLOGGER DE SILVIA E LUCÍA.

NESTA PÁXINA PRETENDEMOS INTRODUCIR IMAXES E DESCRIPCIÓNS DE LUGARES DE GALICIA TANTO COÑECIDOS COMA DESCOÑECIDOS PARA MOITOS DE VÓS,ESPERAMOS QUE LLES GUSTE E LLES SIRVA DE AXUDA. : )

jueves, 28 de abril de 2011

Termas de Outariz, Ourense.

    As Termas de Outaríz estan situadas ao borde do río Miño formando xunto con outras pozas como son as do Muíño e as da Chavasqueitas un enclave termal en plena natureza.
    No Balneario de Outariz podes gozar do baño con inspiración xaponesa mais importante de toda España, respetando na sua construcción a cultura Zen con materias de pedra, madeira e pizzara.
    Ademais hai tamén outras pozas de acceso totalmente gratuito, como son as anteriormente citadas, as charcas de Outariz( no exterior do Balneario), as da Chavasqueira e as do Muíño.
    Nas charcas do que se trata é de sumerxerse e quedarse sentado coas pernas estiradas, sendo o único que sobresaia a cabeza. Non se debe exceder este tempo de 15-20 min.
    Estas augas ademais teñen varios poderes curativos de algunhas enfermedades ou doenzas como son a artrite, a soriase... Teñen tamén beneficios estéticos, xa que favorecen a expulsión de toxinas a través da pel e das mucosas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario