A Illa de Arousa posúe restos prerrománicos que sinalan a existencia de poboación na illa xa dende moi cedo, como o castro de Bufos.
Da época romana tense constancia dunha Vila Romana nas inmediacións da punta de As Nasas.
Un feito histórico importante da Illa de Arousa tivo lugar no ano 929, cando Alfonso IV funda o mosteiro de San Xián.
Se acudes a este máxico lugar podes visitar tanto as súas magnificas praias,numerosas igrexas e non pode faltar a visita a emblemática virxe do Carme.
IMAXE DA VIRXE DO CARME
A Imaxe talada en pedra polo artesán Alfonso Vilar Lomelas, cunha altura aproximada de tres metros, foi instalada en 1.984 por iniciativa dos "Quintos", tivo a súa primeira ubicación no Porto do Xufre, trasladándose posteriormente ó final do Paseo Marítimo do Cantiño, mirando cara Oeste, dirección a este porto.
Se hai algún elemento que determina a historia do concello é a súa condición de Illa e a súa íntima relación co mar. Sendo o século XIX clave neste senso, aínda que xa na idade media existían importantes salinas. A Revolución Industrial e a riqueza dos recursos pesqueiros da zona transforman a economía da Illa e dos seus habitantes. A Illa transfórmase nun importante centro conserveiro, instalándose nela a primeira fábrica de conservas da Idade Moderna. Esta fábrica foi fundada por D. Juan Godoy o cal achegou a técnicos franceses para aumentar a produtividade e a calidade das conservas.
A Illa comenzou a exportar produtos cara Italia, Francia, Alemaña e América gracias as melloras produtivas introducidas por D. Juan Godoy na industria conserveira. Ese éxito empresarial produciu a súa imitación por parte de outros industriais que potenciaron as industrias da conserva e de salazón na illa. A industria conserveira chegou a ter once talleres dos que se conservan aínda hoxe en día a súas chemineas.
Nas primeiras décadas da posguerra a crise da sardiña produciu que as fábricas tivesen que reconvertir a súa actividade e adicarse ó marisqueo.
A Illa perdeu a súa condición de concello coas reformas administrativas de 1873, e pasou a formar parte do concello de Vilanova de Arousa, a cal recuperaría no ano 1997.
Pero se hai un feito histórico realmente memorable da historia contemporánea da Illa de Arousa é a construcción da ponte que une a Illa co resto da Comarca do Salnés a cal pertence.