BENVIDOS AO BLOGGER DE SILVIA E LUCÍA.

NESTA PÁXINA PRETENDEMOS INTRODUCIR IMAXES E DESCRIPCIÓNS DE LUGARES DE GALICIA TANTO COÑECIDOS COMA DESCOÑECIDOS PARA MOITOS DE VÓS,ESPERAMOS QUE LLES GUSTE E LLES SIRVA DE AXUDA. : )

lunes, 23 de mayo de 2011

Os canóns do Sil


Os Canóns do río Sil son unhas das paraxes máis impresionantes que se poden visitar na xeografía galega. Están situados preto da unión entre o río Sil, e o río Miño, na zona da Ribeira Sacra. Está cortado por numerosos encoros, que fornecen de auga e electricidade a boa parte da poboación galega, e dos arredores.



Ten impresionantes contrastes, entre grandes pedras e auga, vexetación e auga, xogos de reflexos. Todo un espectáculo para a vista. As pedras semellan xigantes, reis, toman formas diversas, que a xente xoga a descubrir no transcurso dos paseos que se poden facer en catamarán, que é a mellor maneira de apreciar os seus desniveis, de máis de 500 m.
A experiencia nunca estaría completa se non se mira tamén dende enriba, que amosa un mundo diferente, cunha grandiosidade loable.
Así pois, é un dos lugares máis importantes tanto paisaxisticamente, como vitivinicolamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario