As Fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de Xullo de 1997 e que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume, concretamente nos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia de A Coruña. Na actualidade residen no parque 521 persoas dos cinco concellos anteriormente nomeados.
Está tamén declarado como Lugar de Importancia Comunitaria, coincidindo os seus límites cos do parque natural.
O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo. Malia ser a flora a alfaia das Fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario