BENVIDOS AO BLOGGER DE SILVIA E LUCÍA.

NESTA PÁXINA PRETENDEMOS INTRODUCIR IMAXES E DESCRIPCIÓNS DE LUGARES DE GALICIA TANTO COÑECIDOS COMA DESCOÑECIDOS PARA MOITOS DE VÓS,ESPERAMOS QUE LLES GUSTE E LLES SIRVA DE AXUDA. : )

lunes, 23 de mayo de 2011

Os canóns do Sil


Os Canóns do río Sil son unhas das paraxes máis impresionantes que se poden visitar na xeografía galega. Están situados preto da unión entre o río Sil, e o río Miño, na zona da Ribeira Sacra. Está cortado por numerosos encoros, que fornecen de auga e electricidade a boa parte da poboación galega, e dos arredores.



Ten impresionantes contrastes, entre grandes pedras e auga, vexetación e auga, xogos de reflexos. Todo un espectáculo para a vista. As pedras semellan xigantes, reis, toman formas diversas, que a xente xoga a descubrir no transcurso dos paseos que se poden facer en catamarán, que é a mellor maneira de apreciar os seus desniveis, de máis de 500 m.
A experiencia nunca estaría completa se non se mira tamén dende enriba, que amosa un mundo diferente, cunha grandiosidade loable.
Así pois, é un dos lugares máis importantes tanto paisaxisticamente, como vitivinicolamente.

A Illa de Arousa

A Illa de Arousa posúe restos prerrománicos que sinalan a existencia de poboación na illa xa dende moi cedo, como o castro de Bufos.

Da época romana tense constancia dunha Vila Romana nas inmediacións da punta de As Nasas.

Un feito histórico importante da Illa de Arousa tivo lugar no ano 929, cando Alfonso IV funda o mosteiro de San Xián.

Se acudes a este máxico lugar podes visitar tanto as súas magnificas praias,numerosas igrexas e non pode faltar a visita a emblemática virxe do Carme.

IMAXE DA VIRXE DO CARME

A Imaxe talada en pedra polo artesán Alfonso Vilar Lomelas, cunha altura aproximada de tres metros, foi instalada en 1.984 por iniciativa dos "Quintos", tivo a súa primeira ubicación no Porto do Xufre, trasladándose posteriormente ó final do Paseo Marítimo do Cantiño, mirando cara Oeste, dirección a este porto.


Se hai algún elemento que determina a historia do concello é a súa condición de Illa e a súa íntima relación co mar. Sendo o século XIX clave neste senso, aínda que xa na idade media existían importantes salinas. A Revolución Industrial e a riqueza dos recursos pesqueiros da zona transforman a economía da Illa e dos seus habitantes. A Illa transfórmase nun importante centro conserveiro, instalándose nela a primeira fábrica de conservas da Idade Moderna. Esta fábrica foi fundada por D. Juan Godoy o cal achegou a técnicos franceses para aumentar a produtividade e a calidade das conservas.
A Illa comenzou a exportar produtos cara Italia, Francia, Alemaña e América gracias as melloras produtivas introducidas por D. Juan Godoy na industria conserveira. Ese éxito empresarial produciu a súa imitación por parte de outros industriais que potenciaron as industrias da conserva e de salazón na illa. A industria conserveira chegou a ter once talleres dos que se conservan aínda hoxe en día a súas chemineas.

Nas primeiras décadas da posguerra a crise da sardiña produciu que as fábricas tivesen que reconvertir a súa actividade e adicarse ó marisqueo.

A Illa perdeu a súa condición de concello coas reformas administrativas de 1873, e pasou a formar parte do concello de Vilanova de Arousa, a cal recuperaría no ano 1997.


Pero se hai un feito histórico realmente memorable da historia contemporánea da Illa de Arousa é a construcción da ponte que une a Illa co resto da Comarca do Salnés a cal pertence. 

A Torre de Hércules

A  Torre de Hércules é un faro situado na provincia da Coruña.A súa altura total e de 68 m e data do século I. Ten o privilexio de ser o único faro romano e o máis antigüo en funcionamiento do mundo. Ademaáis de ser  segundo faro en altura de España. O 27 de Junio de 2009 foi declarado Patrimonio da Humanidad pola Unesco.
Se pasades pola maravillosa cidade da Coruña,non esquezades visitar esta maravilla histórica.

Catedral de Santiago de Compostela.

Xoia  de arte románico e destino final de numerosos peregrinos que recorren o famoso camiño, a catedral de Santiago foi a primeira de Galicia e hoxe en día é o monumento máis visitado da comunidad e Patrimonio da Humanidade.
As  obras comezaron no ano 1075, e foi consagrada en 1211, en tempos do Arzobispo Gelmírez. É enton cando no século XVIII será reformada a antigua fachada deseñada polo Maestro Mateo, para dar paso á actual barroca do Obradoiro, do arquitecto Fernando de Casas Novoa.
No interior, podemos recorrer o espacio en forma de cruz latina admirando as impresionantes proporcions do edificio, que aloxa varios retablos e outros elementos relixiosos de gran interese, como o gran Botafumeiro ou o magnifico altar mayor, baixo o cal están depositados os restos do Santo.
Actualmente é un dos lugares máis visitados do mundo,xa que os peregrinos recorren miles de quilómetros para conocer xente ,por sacrificio relixioso ou moitas outras razóns.

Castillo de Monterrei.

Este monumental  conxunto fortificado, no que asentaron varios linaxes foi enclave estratéxico desde a Idade Media na fronteira con Portugal. A "Acrópolis" mais grande de Galicia está formada por tres recintos amurallados sobre unha larga loma, nas cercanías de Verín (Ourense)
No recinto superior encerrábase a poboación medieval, conservándose o palacio renacentista, a torre do Homenaxe do S.XV, a Torre das Damas, os restos do hospital de peregrinos e a iglexa gótica de Santa María. Estas construccións débense en gran medida a D.Sancho Sánchez de Ulloa, primeiro Conde de Monterrei nos tempos dos Reis Católicos.


jueves, 19 de mayo de 2011

Praia das Catedrais

Sen dúbida unha das máis grandes de Galicia, a praia das Catedrais encóntrase en Ribadeo, na costa de Lugo. É por méritos propios unha das principais atraccións turísticas de Galicia.Como un  museo de esculturas monumentais ao aire libre, a praia ten decenas de cantís moldelados polo mar, o vento e o tempo, de forma que lembran a unhas catedrais maxestuosas.

Visitar o sitio durante a marea baixa é a idea máis acertada, os turistas poden apreciar o esplendor da praia, descubrindo covas e andar tamén polos seus arcos de pedra impresionantes.

miércoles, 18 de mayo de 2011

Pedrafita do Cebreiro.

A pequena localidade de O Cebreiro, de orixe prerrománico, a pesar do seu aislamento nas altas montañas lucenses, recibe cada día multitude de visitantes: turistas atraídos pola beleza do pobo pintoresco, e tamén numerosos peregrinos, que o transitan nesta etapa do famoso Camiño Francés.
O interior do pobo está salpicado de pallozas, casas rurais e albergues para peregrinos nunha armoniosa combinación de pedra e pizarra. A vida no Cebreiro xira en torno ao Santuario de Santa María a Real construído no S.IX polos monxes benedictios e ligado as lendas que o definen como custodio do Santo Grial.

martes, 10 de mayo de 2011

Couso, Xinzo de Limia, Ourense.


Este precioso pobo galego,pertencente a Xinzo de Limia, Ourense, está composto por 14 casas, estaba en ruinas, polos anos de abandono sufridos, ata que unha parella de empresarios decidiu mercar casa por casa todo o pobo. Rehabilitarono durante sete anos respetando as construccións orixinais.
 Agora podemos disfrutar do forno onde se cociñaba o pan, do muíño, das rúas e casas tal e como estaban fai 100 anos. Couso conta con 22 estancias, un restaurante e un bar e unha antiga cadra.
España conta con centos de pobos abandonados e este tipo de inicitaivas permiten recuperar unha arquitectura e unha cultura que desgraciadamente se estaba perdendo.


Fragas do Eume.

As Fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de Xullo de 1997 e que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume, concretamente nos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia de A Coruña. Na actualidade residen no parque 521 persoas dos cinco concellos anteriormente nomeados.
Está tamén declarado como Lugar de Importancia Comunitaria, coincidindo os seus límites cos do parque natural.
O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo. Malia ser a flora a alfaia das Fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapina.

viernes, 6 de mayo de 2011

Illa de Ons.

   
    A Illa de Ons é unha illa española na provincia de Pontevedra. Coas Illas Cies, o arquipélago de Sálvora e ode Cortegada forman o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
    Administrativamente pertence ao municipio de Bueu, debido a motivos sociales e á poximidade xeográfica, xa que os cantiguos colonos isleños procedían da comarca do Morrazo e, mais concretamente, do municipio de Bueu, especialemente da parroquia de Belusco, onde reside aínda un importante continxente de isleños retornados a terra firme.
    A illa é un ecosistema marítimo-terrestre cuyos principales valores son o albergar unha importante colonia de aves mariñas e de poseer uns fondos mariños de gran biodiversidade.
    No ano 2010 habitaban na isla permanentemente 78 persoas, observando un enorme descenso na poboación con respecto a mediados do siglo XX, cando chegou a estar habitada por 530 persoas (no ano 1953).
    Hasy multitud de ceenzas e lendas na isla. Moitas de elas están entroncadas coas creenzas populares galegas como a Sanra Compaña. Na illa de Ons a Santa Compaña entra pola Punta Centollo provinte de Noalla, deixa o avise e desaparece no cementerio.

A Frouxeira.

    Cuns 3500 metros de area fina e branca, a praia da Frouxeira, está situada no concello de Valdomiño ,A Coruña, próxima á laguna do mesmo nome e que forma en conxunto un espazo de gran belleza e importante valor ecolóxico. 
    É unha praia que ofrece unhas óptimas condicións para a práctica de deportes coma o surf, wind-surf ou simplemente para o relax paseando polos seus impoñentes acantilados desde onde admirar as vistas do areal coa famosa Illa "Percebelleira" e a forza das olas rompendo sobre as suas rochas.
    O paseo de madeira que continúa a laguna proporciona a oportunidade para o disfrute dunhas preciosas postas de sol e a observación de numerosas postas de sol.

jueves, 28 de abril de 2011

Termas de Outariz, Ourense.

    As Termas de Outaríz estan situadas ao borde do río Miño formando xunto con outras pozas como son as do Muíño e as da Chavasqueitas un enclave termal en plena natureza.
    No Balneario de Outariz podes gozar do baño con inspiración xaponesa mais importante de toda España, respetando na sua construcción a cultura Zen con materias de pedra, madeira e pizzara.
    Ademais hai tamén outras pozas de acceso totalmente gratuito, como son as anteriormente citadas, as charcas de Outariz( no exterior do Balneario), as da Chavasqueira e as do Muíño.
    Nas charcas do que se trata é de sumerxerse e quedarse sentado coas pernas estiradas, sendo o único que sobresaia a cabeza. Non se debe exceder este tempo de 15-20 min.
    Estas augas ademais teñen varios poderes curativos de algunhas enfermedades ou doenzas como son a artrite, a soriase... Teñen tamén beneficios estéticos, xa que favorecen a expulsión de toxinas a través da pel e das mucosas.

viernes, 15 de abril de 2011

Iglesia de Santa María de Beade

A Igrexa de Sta María de Beade pertenceu á orde de San Juan de Xerusalén.Esta igrexa foi construida na época barroca por encima doutra igrexa anterior de orixe románica.Destaca pola súa fermosa fachada e pola torre de tres corpos que se alza nun lateral, desde a parte dianteira da igrexia parte un vía crucis que remata nunha capela cercana,a capela de San Roque.

Balneario de Berán (Leiro,Ourense)

Este balneario é coñecido polas  propiedades curandeiras das súas augas,cada Verán chegan a él persoas con numerosas doenzas e erupcións da pel tal como a psoriasis e a dermatite. A composición química desta auga é sulfurada-bicarbonatada e de mineralización débil, cunha magnífica temperatura de 27 grados/centígrados. Tamén dispón dunha fonte que é apta para o consumo, favorecendo a solución dos problemas dixestivos. Actualmente é propiedade do pobo ao que pertence (Berán) e é coidada polos veciños  xa que fai aproximadamente tres anos que pechou ao público. Esperamos que lles guste e que algunha vez poidan ir  visitalo.

jueves, 14 de abril de 2011

Embalse de Muíños.

Aquí mostramoslles unha imaxe do Embalse de Muíños, dende un pueblo cercano.
Este embalse é moi coñecido debido a que hai un camping e un hotel no que se aloxan centos de persoas no verán en campamentos.
Neste lugar hai diversos areais e zonas verdes para tomar o sol e tamén se poden facer actividades como piragüismo, rutas guiadas polos arredores, pesca...
Ademáis está habilitado para pasar un día en familia xa que dispón de zonas para comer e para facer unha barbacoa.